xoves, 12 de novembro de 2015

INFORMACIÓN VIRTUAL


Crea unha nova entrada no teu blog co nome INFORMACION VIRTUAL. En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información sinón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.


  • Xeolocalización.
A xeolocalicación implica o posicionamento que define a localización dun obxecto nun sistema de coordenadas determinado. Este proceso é xeralmente empregado polos sistemas de información xeográfica, un conxunto organizado de hardware e software, máis datos xeográficos, que se atopa deseñado especialmente para capturar, almacenar, manipular e analizar en todas as súas posibles formas a información xeográfica referenciada, coa clara misión de resolver problemas de xestión e planificación.




  • Realidade aumentada.
A realidade aumentada (RA) é o termo que se usa para definir unha visión a través dun dispositivo tecnolóxico, directa ou indirecta, dunha contorna física do mundo real, cuxos elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real. Consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente, é dicir, engadir unha parte sintética virtual ao real. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.

  • Licencias Creative Commons.
consisten nun conxunto de modelos de contratos de licenciamiento ou licenzas de dereitos de autor (licenzas Creative Commons ou licenzas 8CC) que ofrecen ao autor dunha obra unha forma simple e estandarizada de outorgar permiso ao público en xeral de compartir e usar o seu traballo creativo baixo os termos e condicións da súa elección. Neste sentido, as licenzas Creative Commons permiten ao autor cambiar facilmente os termos e condicións de dereitos de autor da súa obra de todos os dereitos reservados a algúns dereitos reservados.

  • Macrodatos (Big Data).
O Big Data ou Datos masivos é un concepto que fai referencia á acumulación de grandes cantidades de datos e aos procedementos usados para atopar patróns repetitivos dentro deses datos. o fenómeno do Big Data tamén é chamado datos a gran escala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario