venres, 11 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 10



ACTIVIDADE10.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.

O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso, centímetros.
A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor capaz de recibir os sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.  

Google Glass. Busca unha imaxe na rede.

Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenvolvidas por Google, que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada. Conectan ao usuario có seu teléfono intelixente a través de voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altofalante. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría de aplicacións de Google.

SmartWatch.Busca unha imaxe na rede.

Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímero, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altofalante, axenda, etc.
Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que adoitan estar relacionadas coa saúde e o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.

xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 8



ACTIVIDADE8.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE8.

Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.

Para que un ordenador poida establecer comunicación con outros ordenadores ou dispositivos, debe dispor dunha tarxeta ou adaptador de rede (hardware) e, por suposto, ter instalado o seu controlador (software) no sistema operativo para que se poida utilizar.
Ás tarxetas de rede tamén se as denomina NIC (Network Interface Card), posto que ofrecen unha interface de rede, cuxo conector é distinto dependendo do tipo de cableado; o máis utilizado é o conector RJ-45, necesario para o cableado UTP.


Tamén existen tarxetas de rede inalámbricas que transmiten a información por ondas electromagnéticas e, por tanto, non necesitan conectores nin cables. Estas tarxetas poden levar unha pequena antena para aumentar a intensidade de sinal e mellorar así a transferencia.

(0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede. 

Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

- Concentrador ou hub. A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dispositivo, actuando de ponte. Cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a refugue.

- Conmutador ou switch. Ten as características similares ao hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha de elas é que, ademais de servir de ponte para a conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que teñen conectados, polo que non necesitan enviar a información a todos eles, senón ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos. Outra diferencia é que, ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.
Na actualidade, utilízanse maioritariamente os switch, que soen ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas, tecnoloxía Wi-Fi para conexións inalámbricas.

(0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.

Nunha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de acceso inalámbrico de maneira que, ademais dos ordenadores conectados por cable, se poidan conectar a rede outros dispositivos de forma inalámbrica.

(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
-Cableado coaxial: Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
-Cableado de par trenzado: Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para disminuir a interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
  • UTP: É un cable non apantallado. É de baixo custe pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outros cables.
  •  STP: É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
  • FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que pose unha pantalla conductora en forma de trenza. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto aos anteriores.
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1 Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.

- Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fina de material transparente, vidrio ou material plástico, pola que se envía un feixe de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes a tracción, ademais de estar protexido por varios revestimentos.
Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC.