venres, 11 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 10



ACTIVIDADE10.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.

O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso, centímetros.
A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor capaz de recibir os sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.  

Google Glass. Busca unha imaxe na rede.

Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenvolvidas por Google, que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada. Conectan ao usuario có seu teléfono intelixente a través de voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altofalante. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría de aplicacións de Google.

SmartWatch.Busca unha imaxe na rede.

Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímero, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altofalante, axenda, etc.
Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que adoitan estar relacionadas coa saúde e o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.

xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 8



ACTIVIDADE8.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE8.

Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.

Para que un ordenador poida establecer comunicación con outros ordenadores ou dispositivos, debe dispor dunha tarxeta ou adaptador de rede (hardware) e, por suposto, ter instalado o seu controlador (software) no sistema operativo para que se poida utilizar.
Ás tarxetas de rede tamén se as denomina NIC (Network Interface Card), posto que ofrecen unha interface de rede, cuxo conector é distinto dependendo do tipo de cableado; o máis utilizado é o conector RJ-45, necesario para o cableado UTP.


Tamén existen tarxetas de rede inalámbricas que transmiten a información por ondas electromagnéticas e, por tanto, non necesitan conectores nin cables. Estas tarxetas poden levar unha pequena antena para aumentar a intensidade de sinal e mellorar así a transferencia.

(0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede. 

Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

- Concentrador ou hub. A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dispositivo, actuando de ponte. Cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a refugue.

- Conmutador ou switch. Ten as características similares ao hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha de elas é que, ademais de servir de ponte para a conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que teñen conectados, polo que non necesitan enviar a información a todos eles, senón ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos. Outra diferencia é que, ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.
Na actualidade, utilízanse maioritariamente os switch, que soen ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas, tecnoloxía Wi-Fi para conexións inalámbricas.

(0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.

Nunha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de acceso inalámbrico de maneira que, ademais dos ordenadores conectados por cable, se poidan conectar a rede outros dispositivos de forma inalámbrica.

(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
-Cableado coaxial: Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
-Cableado de par trenzado: Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para disminuir a interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
  • UTP: É un cable non apantallado. É de baixo custe pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outros cables.
  •  STP: É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
  • FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que pose unha pantalla conductora en forma de trenza. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto aos anteriores.
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1 Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.

- Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fina de material transparente, vidrio ou material plástico, pola que se envía un feixe de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes a tracción, ademais de estar protexido por varios revestimentos.
Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC.


venres, 27 de novembro de 2015

ACTIVIDADE 6




ACTIVIDADE6.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE6.
Impresora 3D.
  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). 

  • Principio de funcionamento:
A pesar de que existen diferentes tipos de impresoras 3D, todas funcionan cun mesmo principio: a creación dun obxecto capa por capa usando o material proporcionado e de acordo coas instrucións proporcionadas polo software que comanda á impresora. Desta forma, pode realizar unha copia exacta e mesmo mellorada doutro obxecto anterior.

  • Tipos

As impresoras 3D podémolas clasificar de distinta forma rexéndonos por diferentes aspectos, como, por exemplo, o tipo de tecnoloxía empregada ou o material empregado para a formación dos obxectos. Se temos en conta a maneira en que se estratifica o material,atopamos tres clasificacións de impresoras 3D que son as seguintes:


  1.     Impresora 3D caseira 
 Este grupo inclúe as impresoras que depositan o material que foi fundido ou está en forma de semilíquida do cabezal de impresión. Inclúe as impresoras persoais como MakerBot Replicator, sendo o plástico derretido un dos materiais máis utilizados

    2.  Impresoras 3D profesionais e industriais
  Este grupo inclúe as impresoras que crean os obxectos utilizando un fotopolímero que se atopa orixinalmente en forma líquida e se solidifica cando se expón aos raios láser ou á luz. Dos tres grupos de impresoras, estas son as primeiras en fabricarse e experimentaron un considerable éxito no mercado pola alta calidade dos produtos impresos.

    3.   O terceiro grupo

Tamén coñecidas como impresoras 3D de Sinterización Selectiva por Láser (SLS) ou en inglés como Selective Laser Sintering (SLS),inclúe as impresoras que traballan con material en forma de po mediante o uso dun adhesivo líquido ou a exposición aos raios láser. As impresoras que pertencen a este grupo ofrecen variados beneficios como a posibilidade de utilizar un gran rango de materiais na creación de obxectos, como nailon, cerámica, cera, bronce, aceiro inoxidable e titanio.

As impresoras 3D aplícanse na construción e na fabricación de partes do corpo e próteses humanas, xoguetes, roupa, comida e armas, se se ten o material adoitado para conseguir fabricar todos estes obxectos.

  













venres, 13 de novembro de 2015

TEMA 2 HARDWARE

Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 32 e 33 do libro (non é necesario buscar información adicional, excepto no punto 1) e son os seguintes:
  • Superordenador Mare Nostrum. Busca información (aprox 15 liñas) e imaxe na rede.
  • Tablets. Busca imaxe na rede.
  • Smartphones. Busca imaxe na rede. 
 
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 36 e 37 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • RAM. Busca imaxe na rede.
  • Memoria caché.
  • Memoria virtual.
  • Memoria ROM-BIOS.
  • Memoria RAM-CMOS.
 

Tema 2

Google sites